Gramática de superficie

Andrés Rodís

Gramática de Superficie é o título da primeira exposición individual de Andrés Rodís na Galería NÉBOA. O elemento “superficie”, implicado tanto no proceso como na visualización das obras, constitúe precisamente, o fío condutor de toda a mostra. A superficie como capa externa desprotexida e base para a inscrición (de aí a súa relación coa escrita) é o soporte sobre o que, inconsciente ou premeditadamente, deposítanse todo tipo de elementos dun xeito xeolóxico, estratificados e remitíndose constantemente uns aos outros.

Un movemento tectónico, no que o artista dispón certos obxectos (telas, papeis, madeira, etc.) sobre os que realiza composicións básicas coa intención de producir o menor ruído posible e así, evidenciar as interaccións do externo no plano pictórico. A partir do descoido ou do accidente as pezas vanse “contaminando” do entorno, do espazo de traballo no que hai lixo, po, pegadas e desprendementos.

Asemade, as obras sofren unha contaminación formal, consciente e promovida polo propio artista a base de materiais atopados extraídos de calquera libro esquecido: un debuxo simulando unha bobina, un circuíto eléctrico ou a silueta dun nocello. Como é obvio, a referencia orixinal non se asocia directamente. Para Rodís, o elemento da translación é esencial para entender como, mediante o emprego da plástica, opera a nosa visualidade, o aceno en relación coas superficies, con todo o que é susceptible de ser visto, manchado e copiado.

Algúns dos papeis que utiliza nos collages son rescatados de antigos cadernos, libros ou cartas que perderon a súa función e que foron visiblemente atravesados polo tempo: un papel mercado hai dúas horas conxúgase, xustaponse e dialoga con outro de corenta anos. E volve cobrar sentido, reactívase na superficie da obra sen medo de superpoñerse á anterior. Un movemento que opera repetidamente, e que fai que unha peza non sexa un círculo pechado ou teña un punto final, senón que funcione coma unha estrutura poliédrica.

Se, como dicía Paul Válery “o máis profundo é a pel”, é porque a pel é un órgano de contacto, de permeabilidade e repleto de poros. O capilar, o térmico, a súa división en estratos, fai que poida vinculala ao espazo do taller e ao propio proceso pictórico, xa que se converte nun espazo con milleiros de puntos perceptivos: xa non só contamos co visual, a superficie é a resposta á somatización, á asimilación dun espazo, e as obras forman parte dese corpo somático, vivo e quente que é a pintura.

Gramática de Superficie es el título de la primera exposición individual de Andrés Rodís en la Galería NÉBOA. El elemento "superficie", implicado tanto en el proceso como en la visualización de las obras, constituye precisamente el hilo conductor de toda la muestra. La superficie, como capa externa desprotegida y base para la inscripción (de ahí su relación con la escritura), es el soporte sobre el que, de manera inconsciente o premeditada, se depositan todo tipo de elementos de forma geológica, estratificados y remitiéndose constantemente unos a otros.

Un movimiento tectónico en el que el artista dispone ciertos objetos (telas, papeles, madera, etc.) sobre los que realiza composiciones básicas con la intención de producir el menor ruido posible y así evidenciar las interacciones de lo externo en el plano pictórico. A partir del descuido o del accidente, las piezas se van "contaminando" del entorno, del espacio de trabajo en el que hay basura, polvo, huellas y desprendimientos.

Asimismo, las obras sufren una contaminación formal, consciente y promovida por el propio artista a base de materiales encontrados extraídos de cualquier libro olvidado: un dibujo que simula una bobina, un circuito eléctrico o la silueta de un tobillo. Como es obvio, la referencia original no se asocia directamente. Para Rodís, el elemento de la traducción es esencial para entender cómo, mediante el empleo de lo plástico, opera nuestra visualidad, el gesto en relación con las superficies, con todo lo que es susceptible de ser visto, manchado y copiado.

Algunos de los papeles que utiliza en los collages son rescatados de antiguos cuadernos, libros o cartas que han perdido su función y han sido visiblemente atravesados por el tiempo: un papel comprado hace dos horas se conjuga, yuxtapone y dialoga con otro de cuarenta años. Y vuelve a cobrar sentido, se reactiva en la superficie de la obra sin miedo a superponerse al anterior. Un movimiento que opera repetidamente y que hace que una pieza no sea un círculo cerrado o tenga un punto final, sino que funcione como una estructura poliédrica.

Si, como decía Paul Valéry, "lo más profundo es la piel", es porque la piel es un órgano de contacto, de permeabilidad y lleno de poros. Lo capilar, lo térmico, su división en estratos, hace que pueda vincularse al espacio del taller y al propio proceso pictórico, ya que se convierte en un espacio con miles de puntos perceptivos: ya no solo contamos con lo visual, la superficie es la respuesta a la somatización, a la asimilación de un espacio, y las obras forman parte de ese cuerpo somático, vivo y cálido que es la pintura.