AVISO LEGAL, POLÍTICA DE PRIVACIDADE E COOKIES

Aviso legal

En cumprimento do disposto na Ley 34/2002 de Servicios de la Sociedad de la Información y Comercio Electrónico, infórmase de que a web www.galerianeboa.com é titularidade de Galería NÉBOA, titular Alba López Porto, con NIF 33336954H e domicilio en Rúa Lamas de Prado 31, 27004 Lugo. O contacto pode realizarse a través do correo electrónico info@galerianeboa.com. O acceso a esta web implica a condición de usuario, que acepta as condicións aquí recollidas. O usuario comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e a non empregalos para actividades ilícitas ou contrarias á boa fe e á orde pública. Todos os contidos da web, incluíndo textos, imaxes e deseño, están protexidos pola normativa de propiedade intelectual, pertencendo a Galería NÉBOA ou aos seus respectivos autores, e non poden ser reproducidos sen autorización expresa. Galería NÉBOA non se fai responsable dos danos derivados do uso da web nin dos contidos de terceiros aos que se poida acceder mediante ligazóns externas.

Política de privacidade

O tratamento dos datos persoais rexe-se polo disposto no Reglamento General de Protección de Datos e na Ley Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Personales y garantía de los derechos digitales. Os únicos datos que se recollen a través desta web son o correo electrónico facilitado voluntariamente polo usuario a través dos formularios de subscrición á newsletter ou contacto. Estes datos utilízanse exclusivamente para o envío de información sobre exposicións, actividades e novidades da Galería NÉBOA, así como para responder a solicitudes de información. A base legal para o tratamento é o consentimento do usuario, que poderá ser retirado en calquera momento. Os datos conservaranse mentres o usuario non solicite a súa supresión. Non se cederán datos a terceiros, salvo obrigación legal. Para a xestión da newsletter utilízase a plataforma Brevo, que pode implicar tratamento de datos baixo as súas propias condicións como encargada do tratamento. A web está aloxada en Squarespace. O usuario pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación e portabilidade escribindo a info@galerianeboa.com. Tamén ten dereito a presentar reclamación ante a Agencia Española de Protección de Datos.

Política de cookies

Esta web utiliza cookies para garantir o seu correcto funcionamento e mellorar a experiencia de navegación. As cookies son pequenos arquivos que se almacenan no dispositivo do usuario ao acceder á web e permiten, entre outras funcións, lembrar preferencias e analizar o uso do sitio. A web, desenvolvida en Squarespace, emprega cookies técnicas necesarias para o funcionamento da páxina e cookies de análise que só se activan co consentimento do usuario. Tamén poden empregarse servizos de terceiros, como Google Analytics ou Brevo, que poden instalar as súas propias cookies. Ao acceder á web, o usuario pode aceptar, rexeitar ou configurar o uso de cookies. En calquera momento poderá modificar ou retirar o seu consentimento. O usuario pode configurar o seu navegador para bloquear ou eliminar cookies, aínda que isto pode afectar ao funcionamento da web. Para máis información sobre o tratamento de datos persoais, pode consultarse a política de privacidade anterior.

Nota final

Este documento poderá actualizarse para adaptarse a cambios normativos ou técnicos.